perla mural fest

murais


TERCEIRA EDICIÓN

AS HISTORIAS DOS NOSOS MURAIS

TERCEIRA  EDICIÓN

AS HISTORIAS DOS NOSOS MURAIS

WEDO GOÁS

AS MOURAS

As mouras son seres míticos do folclore galego, herdeiros de antigas divindades ou espíritos da natureza de tempos prerromanos e célticos. Representan a fertilidade, a riqueza da terra e o misterio do mundo subterráneo.

Descríbense como mulleres de grande beleza, con longos cabelos dourados ou negros, e ás veces vestidas con roupas brancas ou de cores brillantes. Habitan en covas, fontes, ríos, castros e mámoas. Moitas gardan tesouros ocultos ou están “encantadas”, agardando que alguén rompa o seu feitizo a través dunha proba de valentía ou pureza.

Ás veces poden transformarse en serpes coroadas, e adoitan aparecer en datas máxicas como a noite de San Xoán. Teñen tamén un forte vínculo coa música e o canto: moitas lendas contan que entoan melodías hipnóticas ou tocan instrumentos como a arpa, a pandeireta ou a gaita para atraer ás persoas cara aos seus dominios ou celebrar antigos rituais.


DIEGO AS

RAÍCES DO SON

Esta imaxe representa unha cabeza esculpida en pedra, gretada por dentro, de cuxas rendidas brotan flores vibrantes e coloridas. Simboliza o poder transformador da música, que como unha enerxía invisible, ten a capacidade de atravesar as capas máis duras do ser humano e facer florecer a vida interior.
Así como as flores emerxen dende o profundo da roca, a música esperta emocións, recordos e creatividade que parecían durmidos ou enterrados. As gretas non representan destrución, senón apertura: a posibilidade de sentir, de expresarse e de renacer a través da música.



david barrera

encontro no camiño

Pinceladas con brocha, amplas e vivas, coma se cada trazo fose un latexo, este mural respira emoción pura. A pintura, densa e libre como o óleo, deslízase pola parede con textura, con alma, con historia.

Na imaxe, unha moza toca a guitarra. O seu cabelo, semirecollido e feito en gama de grises, axítase con movemento real, envolto en luces cálidas que parecen saídas do propio corazón do mural. Delicada, pero firme, leva ao pescozo unha cuncha do Camiño de Santiago: sinal de viaxe interior, de paso profundo, de alma en roteiro.
Un neno e o seu can mírana, nese cruce de miradas o tempo detense.

Este mural é un encontro entre a música e o silencio, entre a arte e o camiño, pintado con emoción. 



2024

SEGUNDA EDICIÓN

CRISTOBAL PERSONA

O CHARANGUISTA ANDINO

O Charango ten orixe da antiga Vihuela de man, cordófono introducido a América durante a conquista.
Os antecedentes áchanse nas portadas de pedra da Iglesia de San Lorenzo da cidade de Potosí, que se comezou a construir no ano 1547, onde se pode apreciar a dúas sereas que tocan o charango.

A escena deste mural sitúase nunha paisaxe do Altiplano, hábitat da representativa Parina grande (Flamenco andino) e de comunidades quechuas e aymaras, en territorios actualmente relacionados a Perú, Bolivia, Arxentina e Chile.

“Para as comunidades indíxenas, o proceso de creación musical constitúese nunha experiencia moi particular, na que participa un intermediario entre o mundo da superficie e o mundo das profundidades. O acto de “sacar” as melodías forma parte dunha concepción metafísica onde o plano consciente do cotián compleméntase co inconsciente dos soños e onde o límite da cordura é moi difuso, por tanto susceptible de ser traspasado.”

Nesta ocasión, o artista achega a súa arte e tradición musical para facer de Fene un lugar aínda máis plural e multicultural.


SFHIR

ANF10N

Baseado na mitoloxía grega, a epopea narra como Anfión levantou os muros de Tebas co son máxico da súa arpa.

Anf10n é a moderna interpretación na que o muro construído é un arpa que ao contrario dos muros que separan persoas, este arpa produce a música que as une. Dita música xorde do universo interior das persoas, onde habitan as musas que nos inspiran coas súas ideas e dita conexión represéntase coa franxa que Anf10n móstranos na súa cara e coa estrela do seu ollo dereito.




LEITICA MANDRÁGORA

A far l’amore comincia tu!

Raffaella Carrà - (En el amor todo es empezar)

Porque “Podrán cortar todas las flores, pero no podrán detener la primavera”(Pablo Neruda).

Nun período de tanto individualismo e violencia, este mural é unha homenaxe á liberdade de expresión con fantasía!! A amarse como unha familia nunha festa na que a diversidade lle dá cor. Perlío foi pura expresión exemplar desta festa.


Esta unión entre Fene é Rafaella Carrà, parecía que non, pero ten historia, pois a diva actuou na nova Sala Perla no ano 1978.

A monumental pintura parte dunha icónica foto de Marinetta Saglio @marinettasaglio , fotógrafa e amiga da diva italiana que a inmortalizou con esta imaxe para o seu álbum Bolero (1984) . (A propia fotógrafa deu á artista a autorización para trasládala a este mural en Perlío)

fotos do 2024

ii edición


COLABORADORES