perla mural fest
PREGUNTAS FRECUENTES
Para o acceso de menores ao festival é necesario levar coa información necesaria e asinado este documento. Toda a información e condicións necesarias xa veñen detalladas na folla a cubrir.
Para acceder ao recinto do festival con comida axena ao Perla Mural Fest é necesario levar este documento cuberto.
ENTRADAS E PULSEIRAS
- As entradas só serán válidas se foron adquiridas a través da plataforma oficial Entradium.com, a traves de www.perlamuralfest.gal ou nos establecementos colaboradores de Fene anunciados polo festival.
- A entrada é un título ao portador e, polo tanto, a organización non se fai responsable de que esta sexa utilizada por unha persoa distinta á que figure no documento como compradora e/ou de que sexa falsificada, duplicada ou fotocopiada.
- A organización resérvase o dereito de solicitar o DNI ou documento identificativo na entrada, co fin de garantir un acceso seguro e ordeado ao recinto.
- Unha vez validada a entrada na billeteira, colocaráselle ao asistente unha pulseira identificativa, persoal e intransferible, obrigatoria para acceder e permanecer no recinto durante todo o festival.
- No caso dos abonos para varios días, a pulseira debe manterse posta durante todos os días de celebración. Non está permitido retirala, cortala nin volver a colocala.
- A pulseira non pode ser transferida nin manipulada baixo ningún concepto. En caso de perda ou deterioro, a organización poderá impedir o acceso sen dereito a reembolso.
- É obrigatorio levar posta a pulseira durante todos os días do festival e amosala para acceder ao recinto do evento e cando así o requira o persoal da organización. O persoal de control poderá realizar unha verificación visual e física da pulseira, tocándoa para comprobar que está ben colocada e en bo estado.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓNS
- Unha vez adquirida a entrada, non se admitirán cambios nin devolucións, salvo nos casos previstos pola lei en caso de cancelación ou modificación substancial do evento.
- En caso de cancelación ou aprazamento, informarase coa máxima antelación posible.
- Os gastos de xestión non serán reembolsables.
SAÍDAS E REENTRADAS
- Permitiranse saídas e reentradas ao recinto durante todo o día, sempre que se conserve en bo estado a pulseira oficial do festival.
- Non estará permitido volver entrar ao recinto con bebida adquirida previamente nin con comida ou bebida do exterior non autorizada.
BEBIDAS - NORMAS
- Non se permite acceder ao recinto con bebidas do exterior, agás unha botella plástica de auga de ata 500 ml sen tapón, para uso persoal.
- Prohíbese o acceso con envases de vidro, latas, recipientes superiores a 500 ml ou que poidan representar risco.
- As bebidas deberán adquirirse na barra oficial do festival, mediante tickets. Estes non son reembolsables e serán canxeables unicamente por consumicións dentro do recinto.
COMIDA - NORMAS
- Non se permite o acceso con comida do exterior, salvo en casos xustificados (dietas especiais, necesidades médicas, comida infantil...). Descargar declaración responsable
- Permítese traer comida para uso persoal ou familiar, en cantidades razoables e en envases seguros (sen vidro nin metal). Descargar declaración responsable
- A organización non se responsabiliza de intoxicacións, alerxias ou deterioro dos alimentos traídos polos asistentes.
- O recinto contará con postos de comida variados, adaptados a diferentes necesidades e gustos.
SEGURIDADE E CONTROL DE ACCESO
- O persoal de seguridade poderá realizar revisións de mochilas, bolsos e pertenzas persoais á entrada do recinto, co obxectivo de garantir a seguridade de todas as persoas asistentes.
- Negarse a este control poderá implicar a denegación de acceso ao recinto sen dereito a reembolso.
- Non está permitido o acceso con substancias ilegais, obxectos cortantes ou contundentes, bengalas, sprays, punteiros láser, animais (agás cans guía), equipamento profesional sen autorización.
DEREITO DE ADMISIÓN
- A organización resérvase o dereito de admisión, conforme á lexislación vixente, co obxectivo de garantir a seguridade, o benestar e o correcto desenvolvemento do festival.
Este dereito poderá aplicarse, entre outros casos, cando a persoa:
- Presente actitudes violentas ou provoque altercados.
- Porte armas ou obxectos perigosos.
- Leve roupas ou símbolos que inciten á violencia, racismo, xenofobia ou discriminación.
- Se atope baixo os efectos de substancias estupefacientes ou mostre signos evidentes de embriaguez.
- Provoque molestias ou perigo para outras persoas asistentes.
- Non cumpra as condicións establecidas pola organización.
- Este dereito aplicarase sempre de forma xusta, non arbitraria e sen discriminación, respectando os dereitos fundamentais das persoas asistentes.
OBXECTOS NON PERMITIDOS
- Armas de calquera tipo, incluídas armas de fogo e coitelos
- Substancias ilegais ou prohibidas
- Envases de vidro ou latas
- Botellas (agás botella plástica baleira de 500 ml sen tapón)
- Obxectos punzantes ou contundentes
- Bengalas, punteiros láser, sprays ou materiais inflamables
- Banderas ou pancartas de gran tamaño que obstaculicen a visión
- Equipos de gravación profesionais sen acreditación previa
- Calquera outro obxecto que poida representar un risco ou dificultar o disfrute do evento
MENORES DE IDADE
Descarga e imprime a autorización necesaria para o acceso de menores ao festival. Recoméndase lela con atención e entregala debidamente cuberta no acceso ao recinto.
- Os menores de 12 anos poden acceder de forma gratuíta, sen necesidade de entrada, sempre que estean acompañados dunha persoa adulta responsable.
- Por motivos de control de aforo, establécese un máximo de 50 menores de 12 anos con acceso gratuíto ao recinto.
- Os menores de 16 anos deberán ir acompañados dunha persoa adulta responsable e entregar a correspondente autorización asinada polos seus titores legais.
- Os menores con 16 e 17 anos poderán acceder sós, sempre que presenten a autorización asinada polos seus titores legais.
- En todos os casos, está prohibido o consumo de alcohol, tabaco ou calquera substancia ilegal por parte de menores dentro do recinto.
ANIMAIS NO RECINTO
- Por razóns de seguridade e benestar tanto das persoas asistentes como dos animais, non se permite a entrada ao recinto con animais, agás no caso de animais de asistencia debidamente identificados.
- Se precisas acceder co teu animal de asistencia, contacta coa organización con antelación para coordinar os detalles e garantir unha experiencia cómoda e segura para todos.
ACCESIBILIDADE E MOBILIDADE REDUCIDA
- A organización está avaliando opcións para habilitar zonas adaptadas a persoas con mobilidade reducida.
- Recomendamos que quen precise condicións especiais contacte previamente coa organización para valorar alternativas ou facilitar axuda no acceso.
IMAXES, FOTÓGRAFOS E MEDIOS
- Durante o festival realizaranse fotos e vídeos para uso promocional e documental.
- Ao acceder ao recinto, os asistentes autorizan expresamente o uso da súa imaxe, sen dereito a compensación económica.
- Os menores tamén poderán aparecer en imaxes, sempre dentro dun contexto público, artístico e respectuoso.
- Non se permite o uso de cámaras profesionais sen acreditación previa.
- Os medios ou fotógrafos deben solicitar acreditación oficial con antelación.
RECOMENDACIÓNS PARA O ASISTENTE
- Levar roupa cómoda e calzado adaptado
- Usar crema solar de alta protección
- Traer gafas de sol e gorra
- Levar unha botella plástica de auga (500 ml sen tapón)
- Documento identificativo (DNI/NIE)
- Mochila pequena co esencial
ALTERACIÓN OU SUSPENSIÓN DO FESTIVAL
- A organización resérvase o dereito a modificar o programa, horarios, artistas ou actividades por causas técnicas, loxísticas ou de forza maior.
- En caso de suspensión total, comunicarase coa máxima antelación posible.
- Se o evento se apraza, as entradas seguirán sendo válidas. Poderase solicitar a devolución segundo os prazos establecidos.
- A organización non se fai responsable dos gastos derivados (transporte, aloxamento, etc.) nin da insatisfacción por cambios na programación.
PERLA MURAL FEST 2025(c)